Compartimos a reflexión que nos envía Iago Rodicio sobre como se está vivindo a revolución dixital na industria e sobre cales deben ser as prioridades á hora de despregar unha exitosa estratexia de transformación dixital para as operacións.
A tecnoloxía demostrou a capacidade para transformar o mundo que nos rodea. Durante os últimos 150 anos, o mundo evolucionou alcanzando cotas de crecemento e benestar impensables sen a contribución tecnolóxica á mellora da produtividade. No ámbito industrial han nacido e desenvolvéronse moitas das tecnoloxías que posteriormente se implantaron noutros sectores produtivos. ¡Agora é o momento da revolución dixital na industria!
Unha das características desta revolución na industria é que, a diferenza de moitas outras revolucións previas, nesta ocasión as persoas van por diante das organizacións. As persoas desenvolvémonos nun mundo dixital sen dificultade, e en moitas ocasións, cruzar a porta de entrada á fábrica é retroceder no tempo. Cadeas de valor completas como os servizos turísticos, as telecomunicacións ou a banca avanzan imparables cara a unha adopción tecnolóxica á que o sector industrial chega tarde. As organizacións deben de exporse as razóns polas que isto é unha realidade na era máis tecnolóxica da nosa historia.
Pero, ¿de qué depende o despregar unha exitosa estratexia de transformación dixital para as operacións? O primeiro é dispor dunha foto completa do reto. Preguntas como:
¿Cal é o grao de madurez tecnolóxica da compañía.?
¿Estamos preparados para obter valor das tecnoloxías habilitadoras 4.0 ou debemos de priorizar a dixitalización das operacións como 3.0.?
¿Cómo deben convivir todas as tecnoloxías dispoñibles.?
¿Dispomos do know-how suficiente como para acometer un proceso desta magnitude.?
¿Cales son as prioridades, cal é o criterio de decisión tecnolóxico.?
Estas son só algunhas das preguntas que debemos responder. A tecnoloxía é un habilitador de tremendas capacidades de transformación, pero habemos de ser capaces de tomar boas decisións para non errar.
TrakSYS é un dos sistemas MES/MOM máis avanzados do mundo, con máis de 30 anos de presenza no mercado. Co paso do tempo, compañías de múltiples sectores de actividade e de distintos tamaños, en distintas partes do mundo, confiaron en TrakSYS para acometer o seu proceso de transformación dixital das operacións. Trátase dunha plataforma estándar, moi versátil, grazas á cal se poden modelar até os procesos de operacións máis específicos, asegurando que é a tecnoloxía a que se adapta á empresa e non a empresa a que ten que adaptar os seus procesos a como funciona o software. Por medio de TrakSYS pódense pór unhas bases sólidas a unha estratexia de transformación dixital na industria. Desde PARSEC, convidámosche a veñas coñecernos a Galicia TIC e que podamos compartir unha mañá debatendo sobre este tema.
Recibe un cordial saúdo,
Iago Rodicio García
Director Rexional para Europa en PARSEC Automation Corp.