Na tarde do xoves 30 de outubro terá lugar, un ano mais, unha Feira de Emprego na que mais de 200 alumnos de perfil tecnolóxico, procedentes de varios centros de FPs de Galicia, visitasen as casetas de empresas interesadas en captar talento TIC.
Se a túa empresa está interesada en participar, contacta cos organizadores a través do teléfono: 986 112 570 ou no correo [email protected], e darémosche mais información.
• A xornada, promovida pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), celébrase na Cidade da Cultura o vindeiro 30 de outubro
• O evento incluirá unha feira de emprego TIC coa participación de estudantes con perfís tecnolóxicos procedentes de centros de FP, universidades e escolas de negocio da comunidade autónoma
• TravesIA dixital: Estratexia, Tecnoloxía e persoas é o lema escollido pola organización de Galiciatic para a súa edición de 2025
INNATIAL é unha empresa especializada en ofrecer solucions expertas a proxectos empresariais.
Por mor do seu crecemento e internacionalización, andan na procura de profesionais para a súa organización multidisciplinar, que ofrece os segientes servizos:
➤ Desenvolvemento: Servizos integrais dende a idea ata o despregamento
➤ Consulting: Analizamos a organización e obxectivos atopando respostas.
➤ E-Commerce: Expertos en prataformas de venda a medida.
A expansión de persoal nun ambiente de traballo dinámico e en continuo crecemento representa unha gran oportunidade para profesionais de distintos niveis, desde recentemente graduados até perfís con anos de experiencia ás súas costas. "Estamos comprometidos con fortalecer o ecosistema dixital e brindar aos profesionais o espazo para crecer nun mercado en constante evolución". Con esta iniciativa, a firma busca atraer talento en eidos como desenvolvemento de software, intelixencia artificial, ciberseguridade e análise de datos, reforzando así o seu compromiso coa creación de emprego e o impulso do talento local.
O plan de contratación de Nunegal Consulting alíñase coa súa misión de ofrecer oportunidades de desenvolvemento profesional nunha contorna de alta especialización tecnolóxica.