Leyton Iberia, consultora especializada en asesorar a empresas e startups dedicadas ao I+D+i, participará na XVIII edición de GaliciaTIC, evento do que é ademais patrocinador, para apoiar a difusión e a análise da innovación e as novas tecnoloxías.
A segunda xornada de GaliciaTIC, que se celebrará online na súa totalidade, arrincará ás 10,00 horas con Cristina Magdalena, executive partner de Gartner IBERIA, que pronunciará o relatorio “ Beyond Agility to Antifragility in Turbulent Estafes”
Baixo o título Retos da transformación dixital en Galicia, desenvolverase o próximo 14 de outubro ás 09,30 horas a sesión de apertura do foro GaliciaTIC 2020, que terá carácter presencial.
GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), adapta este ano o seu tradicional formato a unha nova modalidade que combina os ámbitos presencial e online para cinguirse, deste xeito, ao contexto actual, marcado pola incidencia da pandemia da Covid-19.
Xa estamos na conta atrás para a celebración desta nova edición, que cumpre 18 anos!!.
Neste novo escenario queremos ofrecer un evento con todas as posibilidades mantendo a precaución sanitaria que nos obriga, por tanto combinaremos presenza física -segundo normativa- e virtual.
Ademais, estenderemos o evento a un total de tres días, do 14 ao 16 de outubro, cunha parte mixta: presencial/"en liña", durante a mañá do 14 e o resto "on-line". Contará, como sempre, con interesantes debates, conferencias, demos e "webinars", ademais de "showrooms" virtuais e o espazo para "networking".
Xa tedes dispoñible o PROGRAMA do evento, BÓTALLE UNHA OLLADA e comprobarás a calidade dos relatores, o interesante das temáticas abordadas, e a variedade de actividades previstas. Non te podes perder GALICIATIC 2020...